O Santander pechou hoxe unha oficina en Boiro

20 Setembro 2019

20190920. – O Banco Santander pechou este venres 176 oficinas no marco da execución do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que acometerá a entidade e que contempla clausúraa dun total de 1.150 sucursais.

Entre as oficinas pechadas está a da Avenida da Constitución 22en Boiro, antigua oficina do Banco Pastor situada caseque enfrente da actual do Santander.

Deste xeito, segundo o calendario marcado polo Santander, tras botar o peche en 86 oficinas hai dúas semanas, este venres 20 de setembro levou a cabo a clausura de 176 sucursais, á que seguirán 164 o 4 de outubro e 175 máis o día 18 do mes que vén. Nesta nova quenda, Santander pechou 32 oficinas en Castela e León, 26 en Catalunya e Galicia, respectivamente; 21 en Andalucía, 18 en Madrid e 17 en Valencia e Murcia. Ao mesmo tempo, veranse afectadas sucursais en Aragón, Navarra, A Rioxa, Baleares, País Vasco, Canarias, Cantabria, Asturias, Castela A-Mancha e Estremadura.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.