O Outono Cultural de Boiro oferta un amplo abano de actividades

18 Setembro 2019

20190918. A programación cultural de Boiro para este outono desenvolverase nas Bibliotecas, Centros Culturais e Sociais do municipio. Entre as actividades atópanse teatro, contacontos, talleres, exposicións e cursos de formación de diversa temática, entre outros. Así o deron a coñecer a concelleira de Cultura, María Outeiral, acompañada de Manola Ferreirós, Elena Dosil e Alberto García, membros desta área.

O programa está dividido en tres bloques, constando de citas culturais, cursos de formación e exposicións. A edil María Outeiral manifestou que “con este Outono Cultural o que pretendemos é darlle unha unidade a todas as actividades que teñen lugar entre o que queda de setembro ata novembro nos distintos centros do municipio, combinando as actividades que se impulsan dende o Concello coas que se vaian pechando con outras entidades.”

Ademais, as actividades culturais compóñense de dous eixos. Por unha banda, están os eventos enmarcados no ciclo Ler conta moito, enfocado na dinamización da lectura; e pola outra, a Mostra de teatro escolar que tenta achegar esta disciplina á rapazada dos centros de ensino.

Tamén os cursos de formación constitúen “un piar moi importante”, pois recollen citas de diversos ámbitos coma, por exemplo, musicais e baile, saúde, artes plásticas e novas tecnoloxías, que se imparten na aula CeMIT do centro social de Boiro.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.