O lume volve ao Barbanza apurrado polo nordés

05 Setembro 2019

20190905 O vento do nordés bate con forza estes días e, polos condicionantes que se suman aos fortes refachos de ar (tempo seco, eucaliptos a esgalla, presenza reiterada de pirómanos), o lume desátase nos nosos montes, especialmente castigados polos incendios en das recentes (aínda temos ben presentes nas memoria os lumes do pasado mes de marzo en Dodro, Rianxo e Boiro). Hoxe temos que lamentar, novamente, a presenza do lume en Porto do Son, Noia e máis en Boiro.

O máis preocupante de todos os focos (estímase que sete, algúns deles xa sufocados) é sen dúbida o de Porto de Son, que afecta principalmente á parroquia de Miñortos e que avanza a tal hora cara a outras contornas do municipio. Hoxe pola tarde a Consellería de Medio Rural estimaba en 80 hectáreas as calcinadas até o de agora. O lume aínda non estaba controlado a primeira hora da tarde de hoxe, malia a presenza activa de dous avións anfibios de gran capacidade da base de Santiago e outros dous procedentes de Salamanca, entre outros efectivos humanos e técnicos.

O incendio do Son comezou esta madrugada e, en poucas horas e grazas ao forte nordés, cubriu amplas franxas de territorio. No lugar traballan 9 axentes, 18 brigadas, 13 motobombas, 2 pas, 4 helicópteros e 5 avións. Tamén participan efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME). A intención dos efectivos é sufocalo antes da chegada da noite, porque logo do solpor os efectivos aéreos teñen que interromper o seu traballo.

Amais do foco descontrolado de Miñortos, dende a pasada madrugada afectaron á comarca outros seis focos máis, todos eles de menor envergadura, centrados en Boiro e en Noia principalmente. Neste último concello destacou o lume de Boa (onde traballaban dúas brigadas, unha motobomba, un helicóptero e mailo grupo de emerxencias local) e o de Argalo. En Boiro salientaron os lumes de Cures, que, segundo as máis recentes informacións da Consellería, xa están baixo control (logo do traballo de dous axentes, tres brigadas, catro motobombas e o grupo local de emerxencias).

Outros artigos

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Del veraneo a las vacaciones”. Javier García Sánchez

“Del veraneo a las vacaciones”. Javier García Sánchez

En mis recuerdos está más que presente el modo conel que se nos premiaba al final del curso escolar yque todos conocíamos como veranear. Eran variosmeses de veraneo de infancia y juventud quediscurrían en una de las playas más emblemáticas.En mi caso la que se conocía...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.