O CEIP Santa Marta do Castro (Boiro), elixido para unha experiencia pioneira de compostaxe

09 Setembro 2019
Domestic waste for compost from fruits and vegetables. Woman throws garbage.

20190909 O CEIP Santa Marta do Castro, en Boiro, é un dos centros educativos de Primaria (até dúas ducias de centros) que van participar este curso nun proxecto autonómico de compostaxe que, segundo a entidade impulsora (Consellería de Medio Ambiente), é pioneiro e divulgativo. O cole de Boiro foi elixido para esta iniciativa por cumprir unha serie de importantes requirimentos, entre os que se contaba o feito de dispor de servizo de comedor escolar, contar cun espazo verde de seu para instalar de xeito indicado o composteiro ou ter un horto de seu.

O centro boirense, xunto cos outros 24 participantes, recibirá os medios materiais precisos para a instalación dun recanto para facer compost, así como a formación requirida para a súa posta en marcha e seguimento.

A dita formación, que chegará ao persoal de cociña e ao profesorado, dotaraos con coñecementos precisos para “dirixir e supervisar as actividades a desenvolver durante o primeiro trimestre do vindeiro curso”. O proxecto incluirá a realización de obradoiros sobre como aproveitar de maneira ecolóxica o lixo orgánico, así como a entrega dunha unidade didáctica sobre esta mesma temática.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.