O BNG de Ribeira solicitará que o Concello esixa a Grupo Ferrín o cumprimento dos dereitos laborais

19 Setembro 2019

20190919. O BNG ribeirense apoiou a concentración convocada pola CIG e o persoal da empresa de transporte Ferrín, polo “acoso laboral que veñen padecendo ao longo do tempo.”

O voceiro nacionalista, Xosé Vázquez Cobas, amosoulle ao persoal e aos representantes sindicais o apoio do Bloque ás súas “xustas reivindicacións” e desexou unha “pronta solución do conflito laboral que hai aberto na empresa.” Segundo Vázquez Cobas, “o persoal da empresa non pode ser acosado e debe cobrar os cartos que se lle adebedan e o Concello tamén ten responsabilidade ao ter subscrito un convenio co Grupo Ferrín.”

O nacionalista non considera “lóxico que Ruiz Rivas mire para outro lado e fique de brazos cruzados ante as condenas que se lle poñen a Ferrín por delitos continuados contra os dereitos dos traballadores e das traballadoras e por delito de desobediencia ás autoridades.” Cobas precisou que o BNG instará a que o Consistorio tome posición do lado do persoal e esixa o cumprimento da lexislación, “do contrario que se repense o convenio que hai subscrito coa empresa.”

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.