A CIG denuncia ao Grupo Ferrín porque afirma que vulnera dereitos laborais

30 Xullo 2019
Cedida por CIG

20190730. A CIG presentou unha denuncia penal no Xulgado de Instrución de Ribeira contra a empresa de autobuses Grupo Ferrín e os seus administradores, polo que consideran “delitos continuados contra os dereitos dos traballadores e das traballadoras e por delito de desobediencia ás autoridades, nomeadamente por incumprir de maneira reiterada as sentenzas xudiciais e os requirimentos da Inspección de Traballo.” Segundo manifestan, a denuncia supón o punto de partida da campaña que a central sindical acaba de pór en marcha co obxectivo “de restaurar as relacións laborais e que nesta empresa se respecte a liberdade sindical e os dereitos do persoal”, ademais de incluír diversas mobilizacións.

Xan García, secretario da Unión Local das Rías, afirmou que a situación comezou despois de que a CIG gañase as eleccións sindicais no ano 2014 e que se intensificou tras a folga convocada no 2015.

Paulo Carril, secretario xeral da CIG, valorou que este proceso penal “xa debería ter sido iniciado de oficio ou ben pola autoridade laboral, que coñece perfectamente o que acontece nesta empresa, ou por parte da propia Fiscalía.”

Un dos casos que se puxo coma exemplo foi o de José Lijó, traballador que foi despedido ata en dúas ocasións “por reivindicar os seus dereitos e que, malia xustiza declarar nulo o cese en ambos casos, segue á espere de ser reincorporado porque a empresa non atende ao mandato xudicial.” Lijó referiu que dos nove anos que estivo no Grupo Ferrín, nos dous últimos anos “pasaba 10 horas ao volante todos os días, até que, entre outros dereitos, nos decidimos a reclamar o descanso que nos corresponde. A partir de aí, comezou todo.”

Respecto a isto, Rosa Ana Pérez, delegada da CIG, sinalou que “as prolongacións indebidas da xornada son práctica habitual, pero ademais nin sequera se pagan as horas de nocturnidade, as horas de espera, as dietas, non se respectan os descansos, e incluso o servizo non se presta coa calidade adecuada.”

Pola súa banda, Ánxela Fernández, da FGAMT-CIG, precisou que no documento da demanda penal se achegan 35 documentos, moitos dos cales son actas da Inspección por infracción grave ou moi grave e escritos de execución xudicial, “porque a empresa non cumpre coas sentenzas.” De feito, sostén que a empresa xa sufriu varios embargos para facer fronte ao pago das sancións administrativas e das indemnizacións ao persoal.

Desde a CIG advirten de que non cesarán ata lograr que en Grupo Ferrín se respecten os dereitos do persoal e o dereito á liberdade sindical. Ademais, fan un chamamento á Xunta de Galicia para que adopten as medidas necesarias para obrigar á empresa a cumprir co establecido nos pregos dos contratos e no convenio colectivo.

Outros artigos

Lecer na Ribeira presenta as propostas culturais para o verán

Este luns 23 de xuño presentouse en Santa Uxía a programación cultural do verán, baixo a denominación Lecer na Ribeira, que engloba todas as accións da época estival, dende esta derradeira fin de semana do mes de xuño ata a primeira quincena setembro. Na presentación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou...

“La historia de Fuente Seca” – Manuel Domínguez

Dejadme contar la historia de Fuente Seca . La pequeña aldea se estaba muriendo de soledad y abandono. El parque solitario, el silencio de la mañana y la tarde, tanto era así que hasta el rio no cantaba. La escuela cerrada, como cerrada la alegría de los viejos del...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.