O BNG boirense celebrará unha xornada sobre a problemática da avespa velutina

03 Setembro 2019
Cedida por BNG de Boiro

20190903. Os nacionalistas de Boiro organizan para o xoves 5, ás 21.00 horas, un coloquio sobre a problemática das velutinas. O acto celebrarase no Centro Social boirense e contará coas intervencións de Raquel Suárez, voceira do BNG local; Daniel Vázquez, coautor da curtametraxe As Ladras; Manolo Domínguez, biólogo, divulgador, experto medioambiental e membro de ADEGA; e Xosé Luís Rivas, Mini, deputado do BNG no Parlamento de Galicia.

Na presentación desta cita, a formación política aproveitou para denunciar o que considera unha inacción da Xunta fronte a esta situación, así como a “falta de acción combinada das administracións, coordinación entre tódolos axentes afectados e recoñecemento da gravidade da situación.”

Así mesmo, sinalaron que se aplican políticas de “xa se vai facendo.” Respecto disto, engadiron que “deixando as e aos afectados que se valan por si mesmos.”

Ademais, precisaron que “faltan medios e recursos para atallar o problema e non hai visos de que mude tal situación”, aplicando “coma sempre as políticas medioambientais de improvisación.”

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.