Melloras nos centros sociais da Pobra para o desfrute da cidadanía

11 Setembro 2019
Centro social na escola do Vilariño, no Maño

20190911. Os 7 centros sociais acondicionados en locais municipais da Pobra do Caramiñal posibilitan que se desenvolvan actividades de diversa índole para a veciñanza. Trátase de contribuír á participación cidadá e descentralizar a oferta cultural e de ocio que hai no concello, levándoa ás parroquias do municipio, así como de reforzar o apoio ás asociacións para que non acaben desaparecendo ao non dispoñer dun emprazamento onde desenvolver aquelas iniciativas que conciban. E, por suposto, complementar as ocupacións que acollen outros inmobles coma, por exemplo, a Casa da Cultura Raquel Fernández Soler.

Sala multiusos do centro social na escola do Vilariño

Desta maneira, está previsto que neste mes de setembro entren en funcionamento aqueles centros sociais situados nas escolas do Campo na Angustia e do Vilariño no Maño, os cales están feitos pensando exclusivamente na súa funcionalidade. En ambos edificios procedeuse ao arranxo da planta superior, a cal antigamente estaba destinada a vivendas para mestres, acondicionándoas cunha sala multiusos –que poderá empregar tanto a comunidade educativa coma a veciñanza-, aseo accesible, ascensor, un despacho para a sociedade de veciños e veciñas que se poida crear e un espazo de almacén e oficina propio para o colexio. Terá así un uso compartido. O alcalde, Xosé Lois Piñeiro, manifesta que nestas instalacións teñen pensado programar diferentes actividades culturais, deportivas e saudables, entre outras. Iso si, todas elas condicionadas pola demanda que vaia xurdindo. Ademais, as dúas actuacións están executadas con fondos propios e pola mesma empresa que gañou os concursos. A obra do Vilariño contaba cun orzamento de 109.485’70 euros, pero despois da licitación pública quedou en 87.120 euros. Na do Campo, o orzamento era de 123.960 euros, quedando en 98.619’66 euros tras a licitación.

Despacho para a asociación de veciños e veciñas que se poida crear (Vilariño)
Espazo de almacén e oficina propia para o colexio (Vilariño)

Un dos centros sociais que xa está desempeñando o seu labor a pleno rendemento é o localizado na escola de A Ribeiriña-Conchido, xa que conta con asociación e desenvólvense clases de pilates, costura, pintura e talleres de memoria.

Por outra banda, a planta baixa da antiga escola do Camiño Ancho está a disposición dos veciños e veciñas e, aínda que están pendentes varias melloras, xa está utilizable a día de hoxe. O rexedor anuncia que, neste caso concreto, está pendente “un proxecto de remodelación, de rehabilitación, incluso de ampliación”, converténdose nunha das intencións do actual mandato. Pero o máis seguro é que se acabe enmarcando dentro dun proxecto máis grande porque igualmente se pretende acondicionar a pista que ten diante.

Tamén a escola de Santa Cruz está no punto de mira do goberno local, pois estase valorando a posibilidade de facer a ampliación en planta do colexio. Preténdese así que que a comunidade educativa continúe desenvolvendo o seu labor e que o engadido albergue actividade veciñal. De feito, xa hai un anteproxecto cun orzamento de 67.819’29 euros.

Polo tanto, destacan os plans para o Camiño Ancho e Santa Cruz coma as dúas grandes aspiracións neste eido de cara ao futuro.

No que respecta á antiga escola de música de O Campiño, dáse unha situación moi semellante á do Camiño Ancho, pois necesita melloras de todo tipo, desde mobiliario a nova pintura.

Así mesmo, o muíño de Ponte Barbanza conta cunha pequena sala rehabilitada polo goberno anterior, pero que non tiña uso veciñal. Tal e como expresa Xosé Lois Piñeiro, “cando chegamos estaba pechado a cal e canto.” Agora quen desexe facer uso deste espazo tan só ten que achegarse a pedir a chave que se garda nun bar do lugar. Incluso se desenvolve no seu interior o ciclo de Concertos ao Ar.

Todas estas instalacións dependen da Concellería de Participación Cidadá, delegada no edil José Andrés Lojo Fernández. Cómpre sinalar que outro dos centros sociais do que dispoñen os pobrenses é o de San Isidro de Postmarcos, propiedade da comunidade de montes da parroquia.

Outros artigos

Barbanza Arousa entrega os premios da XI edición da ruta + q Tapas

A Mancomunidade Barbanza Arousa, formada polos concellos da Pobra do Caramiñal, Rianxo, Boiro e Ribeira, entregou na mañá deste martes 3 de marzo os galardóns da novena edición da Ruta de Tapas + q Tapas, impulsada pola entidade supramunicipal. A hostalaría dos catro...

+

A Pobra reivindica unha “igualdade real” no marco do 8M

O Concello da Pobra do Caramiñal conmemora o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, cun amplo programa de actividades que combina accións educativas e actos institucionais co obxectivo de seguir avanzando cara "a unha igualdade real". “Este 8M queremos que a nosa...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

Hace tres semanas fue publicado el muy simpar catálogo REGALADE que enumera y da distancias y medidas de ochenta millones de galaxias en el cosmos observable. Distan hasta seis mil millones de años luz, y permite que los astrónomos identifiquen muchas más galaxias y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.