Detidos dous individuos como presuntos autores do furto dun vehículo e danos en Boiro

06 Setembro 2019
Cedida pola Garda Civil

20190906. A Garda Civil do Posto Principal de Boiro detivo a dous individuos como presuntos autores dun delito de furto de uso de vehículo a motor e outro delito de danos.

Os feitos sucederon a raíz da aparición dun vehículo somerxido na boirense praia de Barraña, o día 3 de agosto do presente ano. A Garda Civil investigou o suceso para o seu esclarecemento e a identificación do autor ou autores dos mesmos. A Benemérita realizou as xestións e actuacións pertinentes, obtendo como resultado das mesmas o coñecemento dos responsables dos ilícitos.

Os detidos apropiáronse das chaves do turismo nun local hostaleiro de Boiro, desprazándose co mesmo ata a zona do referido areal, causando no transcurso danos nun vehículo estacionado e somerxendo posteriormente o automóbil furtado no mar, valorando danos ocasionados en ambos en 7300 euros.

Cedida pola Garda Civil

Por todo isto, a Garda Civil procedeu á detención destas dúas persoas como presuntos autores dun delito de furto de uso de vehículo a motor e outro delito de danos. Os detidos, xunto coas actuacións realizadas, foron postos a disposición do Xulgado de Instrución de garda de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A cultura de Estocolmo” – Lois Alcayde Dans

“A cultura de Estocolmo” – Lois Alcayde Dans

A miña quinta, os nados nos noventa, medramos nun ecosistema cultural estraño. A cultura galega do momento estouraba, como hoxe, de recoñecementos a nivel estatal. Eran tempos do novo e frustrado Estatut en Cataluña, e Madrid sempre fixo equilibrios e contrapesos con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.