Coloquios, contacontos, obradoiros e espectáculos sucederanse en Boiro

17 Setembro 2019

20190917. Ao longo desta semana, o municipio boirense será un fervedoiro de actividades destinadas a adultos e pequenos, facendo fincapé no eido cultural a través da lectura e de talleres, pero tamén centrándose na saúde.

O salón de actos do centro social de Boiro acollerá, en horario de 19.00 a 20.30 horas, dúas charlas. Hoxe, martes 17, terá lugar Como intervir ante un trastorno de conducta?, impartida por Iria Veiga, psiquiatra no Hospital do Barbanza. O segundo coloquio celebrarase mañá, mércores 18, baixo o título Os beneficios da intervención non farmacolóxica. As terapias de estimulación, a cargo de Noelia Riaño, directora do Centro de Día de Ribeira.

Tamén mañá, mércores 18, se desenvolverá o contacontos con Pedro Brandariz dirixida a cativos con idades comprendidas entre os 4 e os 10 anos. Esta actividade, que pertence ao programa Ler conta moito, será na Biblioteca municipal, situada na Casa da Cultura, ás 18.00 horas.

Por outra banda, o centro social de Escarabote albergará o xoves 19, ás 19.00 horas, o espectáculo teatral e obradoiro de cociña titulado A cabaza encantada, baixo a batuta do cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa. Esta cita oriéntase aos pequenos da casa de entre 4 e 8 anos, enmarcada dentro do programa Ler conta moito.

Xa de cara á fin de semana, o venres 20 realizaranse dúas accións. En primeiro lugar, a Bibloteca municipal converterase nun espazo de creación con motivo do obradoiro de ilustración impartido por Anxo Fariña a nenas e nenos de 6 a 11 anos. Esta cita conta cun aforo limitado a 25 prazas e adscríbese ao programa Ler conta moito. En segundo lugar, ás 20.00 horas, no centro social boirense procederase á presentación do curso 2019-2020 da Escola de Música de Boiro.

Finalmente, o sábado 21, Brais das Hortas achegarase ata a Biblioteca municipal, ás 12.00 horas, para exercer como contacontos para as crianzas maiores de 5 anos. Esta cita encádrase no programa Ler conta moito.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...