Chega unha nova edición do Gran Premio Tríatlon A Pobra do Caramiñal

04 Setembro 2019

20190904. A vila pobrense acollerá o domingo 8 a terceira edición do Gran Premio Tríatlon A Pobra do Caramiñal, organizada pola Asociación Paralelo 42 en colaboración co Concello, tendo lugar a saída para tódalas categorías ás 10.30 horas. Nesta nova convocatoria de sprint, preto de 300 triatletas disputarán os 750 metros de natación, 20 quilómetros de bicicleta e 5 quilómetros de carreira a pé. Ao acto de presentación asistiron o alcalde Xosé Lois Piñeiro; a concelleira de Deportes, Genoveva Hermo; e Ricardo Domínguez e Tomás Dieste, en representación do citado colectivo.

A edil destacou que a organización doará parte dos ingresos a fins sociais e o propio día da proba realizarase unha recollida de alimentos a favor de Cáritas parroquial. Así mesmo, aproveitou para pedir desculpas e paciencia á veciñanza polos cortes de tráfico que comezarán a partir das 09.00 horas co obxectivo de que a cita “se desenvolva con total seguridade.” Genoveva Hermo lembrou que “os dous anos anteriores foi un acontecemento deportivo de primeira orde.”

Pola súa parte, Ricardo Domínguez detallou as características desta edición. A proba de natación celebrarase na praia do Areal, consistindo nunha volta en sentido horario ao circuíto. En canto ao ciclismo, faranse 3 voltas, cun desnivel acumulado entre o 8% e 12%, transcorrendo pola DP-6703, travesía do Areal, rúa Venecia, rúa Gasset, praza Rosalía de Castro e rúa da Paz. Respecto á carreira disporanse dúas voltas polo paseo da praia do Areal e porto. Ademais, subliñou que este tríatlon tivo moita repercusión nos medios e redes sociais, catalogándose coma “un dos mellores que está en Galicia.” Tamén resaltou a alta participación de mulleres e figuras destacadas dentro do deporte coma, por exemplo, a olímpica Sara Pérez e Antonio Benito, entre outros.

Na súa intervención, o rexedor expresou o seu agradecemento á entidade organizadora e empresas patrocinadoras, así como Protección Civil e Policía Municipal, cuxo labor permite un evento que “serve de escaparate dos tremendos valores paisaxísticos que ten o noso concello.”

Ao finalizar a proba, procederase á entrega de premios, destacando o especial da categoría sub-23 que pretende impulsar ás xoves promesas galegas, tentando investir así no seu futuro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Intervención e regulación” – José Manuel Pena

“Intervención e regulación” – José Manuel Pena

Hai que ser realista e non queda outra, ben a intervención e a regulación para poder garantir o dereito real a unha vivenda digna. As axudas do ICO ou o bono ao alugueiro non solucionan o problema da vivenda en España. Hai que intervir, como se fixo, no seu momento,...

“Muerte gestacional, perinatal y neonatal”. Inma Medina López

“Muerte gestacional, perinatal y neonatal”. Inma Medina López

Hoy 15 de octubre, se celebra el Día Mundial de Concienciación sobre la Muerte Gestacional, Perinatal y Neonatal. El concepto de muerte gestacional abarca todas laspérdidas de hijos/as producidas durante el embarazo, y el concepto perinatal y neonatalaquellas...