Chega Rock in Rian para facer tremer Rianxo e gran parte da súa contorna

12 Setembro 2019
A presentación celebrada este mércores no Auditorio Municipal

20190912 A nova edición (a número 12) do Festival Rock in Rian, que se celebra o 14 de setembro en Rianxo (no Parque de Galiza do Porto) reivindicando o rock e a cultura mariñeira, será unha travesía de terra polo mellor da música galega e do ámbito estatal (logo da travesía marítima do Rock in Rian celebrada o 7 de setembro, amenizada na cuberta dun catamarán por Tecor Societario e o DJ Peri). A cita terreña do 14 de setembro, encadrada no programa das Festas da Guadalupe, conta este ano cun cartel conformado por Reincidentes, Ebri Knight, Dios Ke Te Crew, Festicultores, Mekanika Rolling Band e La Duendeneta.

O vaso ecolóxico desta edición

O cartel acompáñase de actividades complementarias que encaixan á perfección co devandito despregue de decibelios: haberá un roteiro literario por Rianxo, celebrarase cun pasabares o doceavo aniversario do certame e a contorna urbana da vila será convidada a participar con ruadas musicais e concertos itinerantes.

Segundo informou este verán a organización, este ano o festival estará cen por cen adicado á xente do mar. “Gustaríanos homenaxear a todos eses veciños e veciñas que traballaron por e para Rianxo a base de suor e sangue”, por ese motivo deseñouse unha camiseta exclusiva do certame que honra a memoria dun ilustre do mar: Vicente, “protagonista da nosa camisola”, deseñada por Nove Noel.

Para quen queira estar ao tanto das novidades do festival, nada mellor que visitar o Facebook de seu, onde se nos vén de dar conta do deseño de vaso ecolóxico para este ano (unha boa solución para non encher a contorna do certame e da vila de vasos de plásticos de un só uso), dos detalles da presentación ante os medios levada a cabo onte no Auditorio Municipal (na que se debullou o cartel da cita musical) ou das características da zona de acampada (nun outeiro a escasos 300 metros do festival e nunha contorna privilexiada).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.