As mulleres de Boiro recibirán formación en comercio e banca electrónica

30 Setembro 2019
Businessman using tablet at night time

20190930 A Xunta e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) veñen de poñer en marcha unha iniciativa de capacitación que busca derrubar os muros dixitais que separan as cidades dos espazos non urbanos e, tamén, a poboación considerada nativa dixital da que non o é. Estamos a falar da Escola para o apoderamento de mulleres do rural: comercio e banca electrónica, que se desenvolverá durante os meses de setembro, outubro e novembro. Os obradoiros chegarán a Boiro, entre outros concellos.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia, Miguel López, visitaron hoxe na Estrada un destes obradoiros, que contan cunha duración de oito horas, repartidas en catro sesións de dúas horas cada unha. En total, a iniciativa chegará a oito concellos. Ademais da Estrada, programáronse sesións en Ordes, Monforte de Lemos, O Barco de Valdeorras, Carballiño, Boiro, Monterroso e Moaña.

A escola sobre comercio e banca electrónica é unha aposta pola formación en novas tecnoloxías entre as mulleres do rural galego co “fin de diminuír a fenda dixital, e por fomentar o apoderamento financeiro e a autonomía económica nun contexto onde estas transaccións de bens e servizos a través da rede están á orde do día”, explican a UCGA e máis a Secretaría Xeral de Igualdade, engadindo (nun plano máis concreto) que durante o obradoiro, as participantes adquirirán coñecementos e habilidades relacionadas coa banca e o comercio electrónico, coñecerán os seus dereitos como persoas consumidoras, así como as ferramentas necesarias para exercer estes dereitos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.