Arranca en Boiro unha nova convocatoria do Obradoiro de Emprego e Hostalería

30 Setembro 2019

20190930. Dezaseis alumnos comezaron hoxe a súa formación no Obradoiro de Emprego en Hostalería de Boiro. O alcalde José Ramón Romero; o concelleiro de Xuventude e Comercio, Marcos Fajardo; e a directora do obradoiro, Lidia Santos, déronlles a benvida ás persoas que se formaran nas aulas do viveiro de empresas do municipio.

O Obradoiro de Emprego Hostalería Boiro III é un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo e promovido polo Concello de Boiro. Durante seis meses formaranse en dúas especialidades, unha de Operacións Básicas de Cociña e outra de Operacións Básicas de Restaurante Bar.

A directora do obradoiro, Lidia Santos, explicou os contidos do curso, que nas dúas especialidades vai contar con formación teórica e practica. Deste xeito, o alumnado vai formarse á vez que realiza menús sociais, almorzos solidarios, eventos gastronómicos e outras actuacións.

O rexedor afirmou que “este obradoiro é unha moi boa opción para mellorar a empregabilidade, a cualificación e a inserción laboral dos alumnos ademais de encher de contidos o edificio do viveiro de empresas.” Pola súa parte, o edil Marcos Fajardo, animou aos alumnos que hoxe comezaron as súas clases “nun sector que esta en auxe e ten moitas saídas na nosa comarca.”

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.