Aberto o prazo de inscrición para os cursos da UNED Senior 2019-2020 en Boiro

23 Setembro 2019

20190923. A Concellería de Emprego do Concello de Boiro abre os prazos de inscrición para os cursos do primeiro cuadrimestre da UNED Senior 2019-2020 que se impartirán entre os meses de outubro de 2019 e xaneiro de 2020.

Este primeiro cuadrimestre contará con tres accións formativas, todas elas de 30 horas, tal e como indica o programa da UNED Senior. A relativa a benestar animal impartirase os luns alternos, en horario de 16.30 a 20.30 horas, comezando o 14 de outubro; mentres que o día 15 iniciarase a de conservas caseiras de alimentos, tendo lugar os martes alternos de 16.30 a 20.30 horas. O terceiro dos cursos correspóndese con poda, enxertos e cultivo de froita ecolóxica, celebrándose tamén os martes alternos no mesmo horario.

O viveiro de empresas será o lugar que albergue esta formación, cun prezo establecido en 50 euros para cada unha das accións. Os interesados poden consultar toda a información no propio Concello e anotarse a través do Servizo de Orientación Laboral -situado no primeiro andar do Consistorio-, do número de teléfono 981842609 ou do enderezo electrónico orientacion.laboral@boiro.org.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.