A Xunta investirá máis de 730.000 euros en diferentes actuacións medioambientais no Barbanza

04 Setembro 2019

20190904. O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro informou da resolución das ordes de Axudas da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental competitivo e non competitivo e de Infraestruturas que repartirán máis de 737.975 euros en 10 concellos da comarca do Barbanza. En total, 74 municipios da provincia da Coruña recibirán máis de 3’7 millóns de euros con cargo a estas ordes de subvencións.

Ovidio Rodeiro destacou que “estas axudas son posibles grazas á aprobación, en 2009 da lei, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental xa que antes os concellos non percibían nada polos muíños de produción de enerxía eléctrica instalados no seu territorio.”

O investimento total repártese entre Boiro, Carnota, Lousame, Mazaricos, Serra de Outes, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Noia, Ribeira e entre a Mancomunidade de  Serra do Barbanza, tendo en conta criterios obxectivos por ter no seu territorio municipal un parque eólico ou por estar afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación.

Estas axudas destínanse a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...