A UNED Senior de Boiro formou a máis de duascentas persoas

09 Setembro 2019

20190909. A semana pasada clausurouse o curso 2018-2019 da UNED Senior do Concello de Boiro coa entrega dos diplomas ao alumnado participante, ao redor de 250 persoas. Ao acto asistiron o alcalde de Boiro, José Ramón Romero; a coordinadora da UNED Senior no Barbanza e tamén docente, Carmen Freire; a mestra de lanoterapia, Socorro Vázquez; e a mestra de aproveitamento de plantas silvestres, Lucía Ferreira.

A UNED Senior ofrece un programa de formación para persoas maiores de 50 anos, independentemente da súa formación académica. Deste xeito, convértese nunha opción para que os maiores da comarca se formen en diversas materias. Este curso impartiuse por primeira vez en Boiro, dividido en dous cuadrimestres: o primeiro deles de outubro a xaneiro, e o segundo de febreiro a maio. As clases tiveron lugar no viveiro de empresas e impartíronse diversas habilidades coma cursos de panadería e pastelería, conservación de alimentos, hortofruticultura ecolóxica, lanoterapia e aproveitamento de plantas silvestres.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.