‘A Mirada do Peixe’ inaugúrase este venres no centro social de Cabo de Cruz

30 Setembro 2019

20190930. O centro social de Cabo de Cruz acollerá desde o 4 ata o 30 de outubro a mostra A Mirada do Peixe, organizada polo Club Náutico Boiro-Marina Cabo de Cruz. A exposición recolle imaxes e vídeos submarinos, captadas practicamente todas nos fondos galegos, e ten como obxectivo compartir co público a beleza que agocha o mar.

Ademais, busca contribuír á implicación no coidado e conservación dos mares e océanos. A mostra conta cunha colección de fotografías tomadas por deportistas do Circuíto Galego de Imaxe Submarina nas súas ultimas edicións e outras cedidas polo departamento de Imaxe Submarina da Federación Galega de actividades Subacuáticas (FEGAS).

Na exposición tamén se poderá contemplar unha parte do traballo do Grupo de Imaxe Submarina do Club Náutico de Boiro. No apartado de vídeo observarase o traballo dos actuais Campións do Mundo de Vídeo Submarino, Jorge Candán e Pilar Barros, e no relativo á fotografía, amosaranse imaxes de José García e Jaime Solla, Campións Galegos de Fotografía Submarina no 2019.

Ao acto inaugural, que terá lugar no centro social de Cabo de Cruz o venres, 4 de outubro, ás 19:00 horas, asistirá o alcalde José Ramón Romero; o presidente do Club Náutico de Boiro, Manuel Fajardo; e os autores das imaxes, Jorge Candán e Pilar Barros, Campións do Mundo de Vídeo Submarino, así como José García e Jaime Solla, Campións Galegos de Fotografía Submarina.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.