Unha nova edición da Carreira Popular chega á Pobra

21 Agosto 2019

20190821. O domingo 25 celebrarase na Pobra do Caramiñal a décimo primeira edición da Carreira Popular deste concello, a cal será ao mesmo tempo a primeira proba do Circuíto de Carreiras Populares Arousa Norte 2019, pertencendo ao VII Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña. Os encargados de presentar esta cita foron o alcalde pobrense, Xosé Lois Piñeiro; Ana Romero, en representación da área de Deportes; e José Moure Muñiz, presidente da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza.

As probas poderán disputalas tanto atletas federados en atletismo coma non federados e estarán baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Este evento deportivo dará comezo ás 11.00 horas e as categorías de competición irán desde a Chupete ata Master 4. As inscricións realizaranse online a través da páxina web www.emesports.es, cun custe de 6 euros para adultos e de balde para escolares. O prazo remata mañá xoves, ás 14.00 horas, agardando acadar unha participación de en torno a 700 persoas. Todos aqueles atletas anotados no Circuíto Arousa Norte 2019 non terán que formalizar a inscrición nesta proba.

Á entrega de premios procederase ao redor das 13.30 horas.

José Moure sinalou que entre as novidades deste ano figuran que as categorías Sub 12 e Sub 14 sairán conxuntamente coa carreira principal, a incorporación da Zapatilla Inclusiva e non haberá premio récord, entre outros.

Pola súa parte, o rexedor manifestou que se trata dunha cita consolidada no calendario do municipio, fomentando o deporte e o estilo de vida saudable ao tempo que se amosan os valores paisaxísticos. Ademais, expresou as súas desculpas á veciñanza polas molestias que poda causar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El acuerdo UE–Mercosur” – José Castro López

“El acuerdo UE–Mercosur” – José Castro López

El Parlamento europeo envió al Tribunal de Justicia el acuerdo entre la UE y Mercosur, presentado como un hito histórico que creaba el área de libre comercio mayor del mundo, una respuesta al proteccionismo de EE.UU. y una oportunidad para reforzar la posición global...

“Bórtolo”. Xulio Xiz

“Bórtolo”. Xulio Xiz

Cando en 1967 nacía aquela fermosura radiofónica que se chamaba Radio Popular de Lugo, mozos e mozas poboadores daquela marabilla sonora poderiamos cantar canda Serrat aos nosos gozosos vinte anos. Era unha iniciativa relixiosa, gobernada por civís que nos fixemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.