Sálvora conta xa co seu plan de acción ante un posíbel risco medioambiental

07 Agosto 2019

20190807 As Consellerías de Medio Ambiente e Mar presentaron hoxe o que sería, nas súas palabras, “o primeiro plan de continxencia por contaminación mariña accidental do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia”. Trátase dun informe desenvolvido polas ditas consellerías a partir dos traballos feitos polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR) xunto coa dirección do Parque Nacional da Illas Atlánticas e en colaboración coa Universidade de Vigo e o Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR).

O documento ten como obxectivo mellorar a protección dos valores patrimoniais que atesoura o arquipélago galego de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada. Trátase, basicamente, do manual marco de actuación fronte a unha hipotética e probábel emerxencia ambiental derivada dun naufraxio, un encallamento ou un alcance entre buques (moitos dos cales navegan pola nosa costa con materiais moi contaminantes).

Presentación do plan de contixencia

Segundo fan saber as consellerías, o plan de continxencias deseñado para o parque nacional axústase aos criterios e requirimentos do Sistema Nacional de Resposta ante este tipo de eventualidades, pero parte dunha análise de riscos específica de cada illa, para identificar os distintos niveis de exposición. Ademais, nel se determina o procedemento a seguir ante unha situación de contaminación mariña accidental, disponse a estrutura organizativa que interviría na resposta e dita os procedementos de limpeza e descontaminación que se deben seguir.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.