Rock in Rian incluirá unha travesía rockeira polo mar de Arousa o 7 de setembro

29 Agosto 2019

20190829 A nova edición (a número 12) do Festival Rock in Rian, que se celebra o 14 de setembro en Rianxo reivindicando o rock e a cultura mariñeira, foi collendo corpo este verán e xa vai todo vento en popa para depararnos a mellor das experiencias posíbeis. A organización do evento, a última gran cita musical galega da tempada estival, deunos a coñecer este mes de agosto a camiseta oficial da 12 singradura, foi debullando punto por punto o cartel e presentounos algúns vídeos de anteriores edicións para ir facendo boca. Asemade, anunciouse que o Rock in Rian terá unha antesala ou experiencia previa como calquera gran festival artístico que se prece: será o día 7 de setembro, a versión acuática do Rock in Rian, amenizada polo grupo Tecor Societario e o DJ Peri.

A travesía marítima, que terá unha duración de oito horas con saída dende Rianxo (con xantar a bordo do barco), servirá de presentación (e entrante) da traca do 14 de setembro. Quen queira participar na singradura rockeira en catamarán, que terá un custe de 50 euros, pode reservar praza a través da web Alavou.gal. A excursión, informan os organizadores, terá o engadido extra de ser un percorrido por diversas contornas da ría da Arousa, unha experiencia “idílica” que levará aos participantes á illa de Areoso, “o tesouro escondido do noso mar”.

O festival do 14 de setembro

Rock in Rian conta este ano cun cartel conformado por Reincidentes, Ebri Knight, Dios Ke Te Crew, Festicultores, Mekanika Rolling Band e La Duendeneta. O cartel acompáñase de actividades complementarias que encaixan á perfección co devandito despregue de decibelios: haberá un roteiro literario por Rianxo, celebrarase cun pasabares o doceavo aniversario do certame e a contorna urbana da vila será convidada a participar con ruadas musicais e concertos itinerantes.

A nova edición (a número 12) do Festival Rock in Rian, que se celebra o 14 de setembro en Rianxo reivindicando o rock e a cultura mariñeira, foi collendo corpo este verán e xa vai todo vento en popa para depararnos a mellor das travesías posíbeis. A organización do evento, a última gran cita musical galega da tempada estival, deunos a coñecer este mes de agosto a camiseta oficial da 12 singradura, foi debullando punto por punto o cartel e presentounos algúns vídeos de anteriores edicións para ir facendo boca. Asemade, anunciouse que o Rock in Rian terá unha antesala ou experiencia previa como calquera gran festival artístico que se prece: será o día 7 de setembro, a versión acuática do Rock in Rian, amenizada polo grupo Tecor Societario e o DJ Peri.

A travesía marítima, que terá unha duración de oito horas con saída dende Rianxo (con xantar a bordo do barco), servirá de presentación (e entrante) da traca do 14 de setembro. Quen queira participar na singradura rockeira en catamarán, que terá un custe de 50 euros, pode reservar praza a través da web Alavou.gal. A excursión, informan os organizadores, terá o engadido extra de ser un percorrido por diversas contornas da ría da Arousa, unha experiencia “idílica” que levará aos participantes á illa de Areoso, “o tesouro escondido do noso mar”.

O festival do 14 de setembro

Rock in Rian conta este ano cun cartel conformado por Reincidentes, Ebri Knight, Dios Ke Te Crew, Festicultores, Mekanika Rolling Band e La Duendeneta. O cartel acompáñase de actividades complementarias que encaixan á perfección co devandito despregue de decibelios: haberá un roteiro literario por Rianxo, celebrarase cun pasabares o doceavo aniversario do certame e a contorna urbana da vila será convidada a participar con ruadas musicais e concertos itinerantes.

Segundo informou este mes de xuño a organización, este ano o festival estará cen por cen adicado á xente do mar. “Gustaríanos homenaxear a todos eses veciños e veciñas que traballaron por e para Rianxo a base de suor e sangue”, por ese motivo deseñouse unha camiseta exclusiva do certame que honra a memoria dun ilustre do mar: Vicente, “protagonista da nosa camisola”, deseñada por Nove Noel.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.