Ribeira. O Centro Lustres Rivas exhibe 40 creacións de artistas locais

04 Agosto 2019

20190803.-  O Centro Cultural Lustres Rivas alberga unha nova exposición: “Antoloxía Debuxada II”, que reúne nunha mesma sala preto de corenta creacións de catro dos artistas locais máis nomeados do concello: Xerardo Crusat, Xoán Fernández, Antonio Pérez e Maralla.

A mostra dá continuidade a unha primeira parte que se celebrou coa colaboración do Concello no Auditorio de Riveira no ano 2006. Agora, quen acuda ao Lustres Rivas poderá ver outra escolma formada por obras das máis variadas técnicas:¡: dende gravados ata debuxos pasando por acuarelas, pasteis ou tintas chinesas.

Despois dunha apertura musical a cargo das cantareiras da Asociación Amas de Casa, o acto foi presentado pola concelleira de Cultura, María Sampedro, quen salientou que esta exposición é unha “mostra de catro traxectorias brillantes no mundo da arte”. A continuación interviu Xerardo Crusat, quen falou no nome dos catro artistas para agradecer a oportunidade de aportar “este grao de area para aumentar a oferta cultural no noso municipio”.

O escritor Antonio Piñeiro interviu a continuación debullando unha pequena semblanza das virtudes de cada un dos protagonistas. Pechou o acto o alcalde Manuel Ruiz, quen salientou que “no mundo da pintura Riveira está no top do que en Galicia se pode ver”e froito delo temos a oportunidade de contemplar “unha exposición de primeiro nivel”. A mostra exhibirase ata o 27 de agosto.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.