Ribeira amplía a súa oferta turística para o mes de agosto

05 Agosto 2019

20190805. O concelleiro de Relacións Institucionais, Turismo, Promoción e Dinamización Económica, Ramón Doval; o concelleiro de Seguridade e Mobilidade Cidadá, Victor Reiriz; e a técnica municipal de Turismo, Sandra Fernández, presentaron esta mañá as actividades que engrosarán a oferta turística do municipio ribeirense.

O edil Ramón Doval manifestou que “co fin e o desexo de atraer máis visitantes á nosa cidade no mes de agosto, deseñamos unha serie de accións para poñer en valor os nosos recursos naturais.” Tamén sinalou que todas estas iniciativas están enmarcadas no Plan Estratéxico para o Desenvolvemento do Turismo 2016-2020.

Así, as rutas en veleiro pola ría de Arousa ‘Riveira no camiño’ celebraranse tódolos martes e venres deste mes co obxectivo de dar resposta á demanda existente con respecto ao coñecemento da ría e á posibilidade de coñecela de primeira man a través da súa navegación. Deste xeito, indicarase a riqueza das augas e os espazos patrimoniais costeiros que discorren polo percorrido da Ruta Xacobea de Ribeira. O prezo será de 12 euros por adulto e de 8 euros para cativos ata 12 anos. O Club Náutico de Ribeira converterase no punto de saída e chegada ás 11.00, 12.30, 17.00 e 18.30 horas. Desta maneira, cada ruta terá unha duración de entre 90 e 120 minutos aproximadamente. A capacidade é de 10 pasaxeiros e 2 de tripulación. A venta de tíckets terá lugar na oficina de turismo situada no Malecón, con horario de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas exceptuando os mércores, e pódese solicitar información no teléfono 981873007 ou no correo electrónico turismo@riveira.com.

Por outra banda, posibilitarase coñecer o entorno do miradoiro de Pedra da Rá e o castro da Cidá tódolos venres do presente mes. As saídas de balde están previstas cun horario de 10.30 a 12.30 horas e un grupo mínimo de 8 persoas. As reservas con 24 horas de antelación e información poden formalizarse a través da oficina de turismo situada no Malecón, con horario de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas exceptuando os mércores, do teléfono 981873007 ou do correo electrónico turismo@riveira.com. Cómpre lembrar que neste xacemento se levarán a cabo novas actuacións grazas á achega de fondos Leader xestionados pola asociación Deloa.

Ademais, de martes a domingo realizaranse visitas guiadas de balde no Centro de Interpretación Arqueolóxica do Parque Periurbano de San Roque, ás 20.00 horas. Neste caso, non é necesario facer reserva nin ter un mínimo de persoas para formar grupo, así como “a xente que queira coñecer o Centro de Interpretación pode irse incorporando á visita paulatinamente”, tal e como precisou a técnica Sandra Fernández..

O concelleiro Victor Reiriz expresou que con todo isto pretenden demostrar que “Ribeira non está parada e as concellerías están traballando e que o turismo este ano apostou totalmente polo visitante.”

Outros artigos

Vehículo envorcado na avenida de Ferrol, en Ribeira

O parque provincial de Boiro recibiu aviso na madrugada deste venres 7 de febreiro dun accidente por envorco na avenida de Ferrol, no concello de Ribeira. Ao chegar ao lugar, o vehículo xa fora retirado pero a consecuencia do sucedido unha mancha de líquido esvaradío...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión