Protección Civil da Pobra rescata un golfiño varado

19 Agosto 2019

20190919 Os encallamentos de golfiños e outros cetáceos na nosa costa non sempre teñen un final que lembrar con tristura, como aconteceu hai uns días co falecemento de dous machos novos de golfiño que vararon nas praias dos nosos concellos. Esta fin de semana, o sábado, a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (o CEMMA, a través da Rede de Varamentos) volveu actuar con urxencia na nosa costa para tentar salvar a vida dun golfiño común que encallou nun treito costeiro da Pobra onde predominan as lameiras.

O aviso da veciñanza fíxose sobre o mediodía e pouco despois, aproximadamente en media hora, o exemplar xa estaba de novo nadando na procura da súa manda. O rescate (e a rapidez no rescate) foi posíbel grazas ao eficaz traballo despregado polos membros da Agrupación de Protección Civil da Pobra, coas indicacións a distancia dos especialistas da Rede de Varamentos, con sede en Nigrán.

O CEMMA salientou o labor despregado pola agrupación pobrense e polo comportamento concienciado da veciñanza, xa que foron unhas veciñas as que chamaron ao 112 alertando dos apuros do arroaz e mandaron unha imaxe indicando a súa situación.

A coordinadora lembra que que no caso de detectar unha manda de arroaces preto do litoral cómpre avisar ao servizo do 112 ou ao 686 989 008 (teléfono de coordinación da Rede de Varamentos).

Outros artigos

Comeza a conta atrás para a décima edición de Os 100 do Barbanza

O percorrido da presente edición Esta fin de semana, o sábado 21 e o domingo 22 de xuño celebrarase a nova edición (a décima) da xa histórica proba Os 100 do Barbanza, a andaina-ultratrail de 100 quilómetros que percorre os sete concellos da península do Barbanza. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

En los enredos políticos cabe valorar indicios superlativos de egolatrías, ambiciones, avaricias y desentendimientos. Los coches oficiales suelen llevar cristales tintados y eso impide ver los bosques, descender a la realidad de lo cotidiano, entender lo que preocupa...

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

En tempos, Madrid foi -amáis de capital de España- a cidade das chulapas e chulapóns, a cidade con máis mariños do territorio español, de osos e madroños e a capital do schotis que había que visitar polo menos unha vez na vida. Na actualidade, Madrid é tamén un...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.