O CEMMA constatou un varamento masivo de golfiños na ría de Arousa

06 Agosto 2019

20190806 A ría de Arousa foi escenario esta fin de semana dun elevado número de varamentos de cetáceos, concretamente golfiños e arroaces, no litoral dos concellos de Rianxo, Boiro, A Illa, O Grove e, pola banda da ría de Pontevedra, tamén en Sanxenxo. Segundo informou dende o seu Facebook a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), en cada un dos devanditos concellos localizouse un cetáceo (catro golfiños e un arroaz) varado ou en risco de varar. De todos eles, finalmente faleceron dous (dous machos novos con síntomas de desnutrición). O CEMMA cualifícao de “varamento masivo”.

Respecto dos encallamentos e das súas posíbeis causas, aínda están por determinar, pero soe ser decisivo, no caso de animais de cuarta idade, permanecer a carón dunha manda ou familia para garantirse o sustento e a supervivencia. Sexa como sexa, en boa parte dos casos os golfiños acaban varados nas praias por mor da actividade pesqueira (fican atrapados polas redes e aparellos ou mesmo poden chegar a ser mancados por elas ou polas embarcacións).

Respecto dos golfiños mortos, un deles foi atopado no porto de Tragove de Cambados e outro foi visto con vida no litoral de Rianxo e máis no de Boiro, para acabar varando na praia de Ladeira do Chazo, no litoral boirense.

Segundo confirmou o CEMMA, os varamentos masivos non son frecuentes nas nosas costas e que ao longo de 2019 aínda non se rexistrara ningún.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.