Orio ondea a XXIX Bandeira Concello de Boiro

26 Agosto 2019
Cedida

20190826. A San Nikolas de Orio Babyauto fíxose coa XXIX Bandeira Concello de Boiro e suma así a sétima vitoria da tempada. A regata disputouse durante a mañá de onte no porto deportivo de Cabo de Cruz, sendo a oitava puntuable da Eusko Label Liga coa participación de tódolos integrantes da Asociación de Clubs de Traiñeiras.

Orio conseguiu así o primeiro posto da competición cun tempo de 19’43’’80, cunha diferenza de tan só 8’’86 respecto ao Zierbena Bahías de Bizkaia, que acadou a prata. O Urdabai Avia completou o podio con 19’57’’46. Despois quedou Go Fit Hondarribia, Santurtzi Iberdrola, Donostiarra, Kaiku, Cabo de Cruz, Ondarroa Cikautxo, Astillero-Repsol Electricidad y Gas, San Pedro e Lekittarra Elecnor.

Deste xeito, os remeiros crucenses conseguiron un oitavo posto cun tempo 20’15’’58 e ocupando o mesmo espazo na clasificación xeral con 90 puntos.

A proba realizouse polo sistema en liña, a catro longos e tres ceavogas cun percorrido de 5.556 metros nun campo orientado de norte a sur.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...