O parque infantil da Casa do Mar de Corrubedo precisa axustes de mantemento

19 Agosto 2019

20190819 Os parques infantís da nosa comarca reciben estes días un extra de afluencia: ao relativamente bo tempo reinante súmase o feito de estarmos en período estival e, tamén, a importante presenza de visitantes nas nosas vilas. Todo isto desencadea un meirande deterioro e, ao mesmo, a necesidade de asegurar o mantemento destas áreas de lecer. Estes días achegámonos a un dos parques infantís de Corrubedo (Ribeira), o emprazado na parte superior da Casa do Mar, en pleno centro da vila. O parque infantil, moi visitado estes días (Corrubedo triplica ou cuadriplica a súa poboación estes días de agosto), ten unha serie de problemas que cumpriría solucionar.

Sobre todo os referidos aos valados que separan a zona de xogo do resto da contorna, que están esnaquizados na súa base e co risco que isto implica de que unha nena ou neno sufra danos por meter os dedos na fenda (a zona de rotura). Tamén precisan arranxos algúns materiais de subida ás plataformas superiores, descolocados, e outras partes onde a pintura levantou deixando á vista o ferro da base. A estes danos miúdos que están pendentes de ser amañados súmase o parte de incidencias achegado recentemente pola veciñanza, do que dimos conta en O Barbanza, no que se incluía a necesidade de equipar a contorna con máis iluminación e de rozar o espazo de lecer e a súa contorna.

Outros artigos

Lecer na Ribeira presenta as propostas culturais para o verán

Este luns 23 de xuño presentouse en Santa Uxía a programación cultural do verán, baixo a denominación Lecer na Ribeira, que engloba todas as accións da época estival, dende esta derradeira fin de semana do mes de xuño ata a primeira quincena setembro. Na presentación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou...

“La historia de Fuente Seca” – Manuel Domínguez

Dejadme contar la historia de Fuente Seca . La pequeña aldea se estaba muriendo de soledad y abandono. El parque solitario, el silencio de la mañana y la tarde, tanto era así que hasta el rio no cantaba. La escuela cerrada, como cerrada la alegría de los viejos del...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.