Vilas solicita unha mellora da iluminación do parque infantil da Casa do Mar de Corrubedo

15 Xullo 2019

20190715. O voceiro do grupo municipal ribeirense do PSdeG-PSOE, José Manuel Vilas Álvarez, mantivo unha reunión con veciños e veciñas usuarios da Casa do Mar de Corrubedo, así como do parque infantil situado nas inmediacións.

A veciñanza referiulle ao edil socialista a necesidade de instalar dous farois dotados de luz led, un a cada lado do recinto infantil, co obxectivo de iluminar adecuadamente os xogos distribuídos nesta área recreativa, xa que referiron que as luces emprazadas nas rúas do entorno non realizan adecuadamente esta función ao non chegar con intensidade suficiente.

Así mesmo, advertiron que tanto na zona do parque de xogos coma a terraza adxacente conteñen maleza que é preciso limpar e erradicar.

Deste xeito, Vilas manifestou que lle trasladou ambas demandas ao Executivo do Concello, recibindo mostras de que resulta viable a súa execución.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A primeira reitora”. Luís Celeiro

“A primeira reitora”. Luís Celeiro

A Universidade de Santiago de Compostela está situada entre as mellores, segundo os rankinsmundiais de máis prestixio, aqueles que avalían todas as potencialidades e as capacidades dasinstitucións universitarias e de ensino superior. En Galicia, nesta esquina ou xa no...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.