O ‘Outono Gastronómico’ desenvolverase en 24 casas de Turismo Rural da Coruña

30 Agosto 2019

20190830. Un total de 86 establecementos en toda Galicia, 24 deles na provincia da Coruña, participan nunha nova edición do programa ‘Outono Gastronómico en Turismo Rural’, que pon en marcha a Consellería de Cultura e Turismo. O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, achegouse ata a Dársena da capital provincial na que se instalou o autobús itinerante que promociona a edición 2019 deste programa, que se desenvolverá entre o 13 de setembro e o 15 de decembro.

Ademais de aloxamento, os establecementos que participarán nesta actividade ofrecerán diferentes menús especiais para este programa, elaborados con produtos galegos de tempada. Así mesmo, como novidade este ano, inclúese a posibilidade de realizar, no seu caso, actividades complementarias á estancia coma paseos a cabalo, rutas de sendeirismo, visitas ao Pórtico da Gloria, ou iniciación ao surf, grazas á nova oferta Outono Plus.

Entre as diferentes modalidades que ofertarán para gozar desta actividade en parella, en familia ou con amigos figura o Menú Outono Gastronómico –sen pasar a noite–, o Paquete Outono Gastronómico para unha noite, o Fin de Semana Outono Gastronómico para dúas noites ou Fin de semana familiar Outono Gastronómico para dúas noites con nenos, con prezos que varían entre os 30 e os 300 euros.

O delegado territorial destacou que “esta iniciativa promove a desestacionalización da demanda, que é un dos principais obxectivos da Estratexia do turismo de Galicia 2020, o documento da Xunta de Galicia no que se recollen os compromisos, oportunidades e retos para o sector.”

Ovidio Rodeiro recordou que, desde a súa posta en marcha, no Outono Gastronómico participaron máis de 64.000 persoas e os establecementos adheridos facturaron preto de 4 millóns de euros. Tamén os negocios participantes cualificaron cun 4’7 sobre 5 a súa experiencia neste evento e nove de cada dez amosáronse partidarios de repetir a experiencia.

Outros artigos

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...