O lume volveu este 15 de agosto á comarca

16 Agosto 2019
Foto do lume achegándose a Tállara nunha imaxe de P. S. para El Correo Galllego

20190816 Este 15 de agosto volveuse cumprir a máxima de que sempre volve arder sobre o queimado. O concello de Lousame, un dos máis afectados polo lume reiterado, xunto con Boiro ou Rianxo, foi novamente vítima das lapas, concretamente a parroquia de Tállara, unha das máis poboadas do municipio. Finalmente o incendio ficou sufocado ás 01.23 horas de hoxe, logo de ter sido controlado sobre as 21.00 horas do xoves pola noite. A nube de fume, arrastrada polo vento do norte e nordeste, foi visíbel en toda a comarca de Barbanza, mesmo chegando á costa de Ribeira e ás praias.

Segundo informou a Consellería de Medio Rural, o incendio iniciouse ás 16,36 h. de onte e afectou a 19,6 hectáreas, 10 delas de monte arborado e 9,6 de raso (medición provisional á espera de que se faga unha estimación máis exhaustiva). Traballaron na extinción 5 axentes, 11 brigadas, 5 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 1 avión.

A Consellería do Medio Rural, xunto cos datos devanditos, aproveitou para lembrar que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e de balde para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.