O libro ‘A Cuatro Voces’ presentarase na Pobra

14 Agosto 2019

20190814. O Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal acollerá o venres 23, ás 20.30 horas, a presentación do libro A Cuatro Voces. Trátase dun conxunto de 19 relatos de 4 autoras, no  que colabora a pobrense María Pérez Prol, xunto con Silvana Lameiro Micciche, Maria João Matos e Ruth Ríos, así como a ilustradora Jun Fernández. 

As catro escritoras coñecéronse en 2014 durante un curso de escritura creativa na Universidade de Santiago de Compostela. Tras realizar diversos proxectos literarios por separado, decidiron unir a súas voces nesta obra. O resultado é un conxunto de narracións diferentes entre si, con temas que van desde o intimista ata o fantástico, a ciencia ficción ou o realismo sucio de personaxes nocturnos.

A o longo dos relatos  descóbrense os persoais universos de cada unha delas: o mundo fantástico e escuro de María Pérez Prol; o lirismo con reminiscencias de Virginia Woolf da portuguesa Maria João Matos; as personaxes ao límite e o humor surrealista de Silvana Lameiro Micciche; ou os seres solitarios das hiperconectadas cidades actuais de Ruth Ríos.

Ademais, as autoras quixeron enriquecer a obra con ilustracións para cada un dos relatos, vendo como se interpretaban desde outra perspectiva. Foi así como decidiron contar con outra presencia feminina, a da ilustradora viguesa Jun Fernández, formada na facultade de Belas Artes de Pontevedra e na Akademie für Illustration.

O acto será presentado pola concelleira de Cultura da Pobra do Caramiñal, Patricia Lojo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazóne na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás doque se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.