O Concello de Boiro abre a convocatoria de axudas para a conciliación no 2019

21 Agosto 2019

20190821. O Concello de Boiro abriu a convocatoria de axudas para a conciliación laboral, persoal e familiar do 2019. Este ano incorpórase novidades coma a redución do tempo de empadroamento requirido ou as circunstancias que obrigan á contratación de servizos profesionais e de coidado das crianzas.

A convocatoria ten como finalidade axudar economicamente ás familias que por motivos laborais, de formación ou procura activa de emprego e de asistencia sanitaria, precisen contratar os servizos de gardarías privadas ou coidados profesionais para que se fagan cargo de menores con idades comprendidas ente os 0 e os 12 anos.

Unha vez as nenas e nenos estean escolarizados, esta axuda só se poderá percibir polos servizos contratados para ser prestados fóra do horario escolar. As axudas consistirán no reembolso do 50% do gasto realizado entre o 01-11-2018 e o 30-09-2019, cun límite máximo de 2.500 euros por menor. Entre outros requisitos, as familias deben estar empadroadas no Concello boirense e ter uns ingresos inferiores a 5’5 veces o IPREM.

As solicitudes de axuda, xunto coa documentación requirida, deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello como máximo ata o 1 de outubro do 2019, inclusive, de 09.00 a 13.30 horas. Para mais información pódense consultar as bases da convocatoria na web do www.boiro.org, na páxina de Facebook do Concello ou chamando ao Centro de Información a Muller (CIM) de Boiro no teléfono 981 84 99 60, marcando a extensión 1250.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.