O Concello boirense traslada a denuncia contra o xefe da Policía Local aos xulgados de Ribeira

08 Agosto 2019

20190808. Tal e como anunciamos onte, o Concello de Boiro vén de comunicar a adopción da medida de suspender provisionalmente das súas funcións ao xefe da Policía Local despois da investigación iniciada como consecuencia do escrito presentado por un total de 11 axentes e ex-axentes que acusaban a Manuel Feás de presuntas irregularidades.

Unha vez recadados tódolos documentos cos que poder verificar estas acusacións, o Concello de Boiro trasladou ao Xulgado de Instrución Número 2 de Santa Uxía de Ribeira a denuncia contra o funcionario polos feitos relatados no escrito presentado no Rexistro municipal o pasado xoves.

O rexedor José Ramón Romero pide prudencia porque “hai que respectar o principio de inocencia e agardar a que se comprobe toda a documentación recadada e verificar si se demostran con ela os delitos dos que se lle acusa.” Así, o alcalde deixou o caso en mans da xustiza declarando que non se van proporcionar máis datos “ata que non teñamos unha resolución clara” para “respectar e manter a intimidade das persoas implicadas xa que é un asunto moi delicado.”

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.