Suspendido provisionalmente o xefe da Policía Local boirense

07 Agosto 2019

20190807. O xefe da Policía Local de Boiro, Manuel Feás, foi suspendido provisionalmente das súas funcións como consecuencia da investigación que se está desenvolvendo desde o Concello. Esta situación vén dada despois de que un total de 11 axentes e ex-axentes acusasen a Feás de presuntas irregularidades. No escrito presentado no Rexistro do Concello describían unha serie de situacións e solicitaban que se indagase, pois poderían derivar en graves irregularidades. Algunhas incluso serían constitutivas de delitos coma malversación, tráfico de influencias ou prevaricación.

Mentres tanto, o Concello continúa recompilando datos co obxectivo de esclarecer se os feitos sinalados son verídicos, seguindo os procedementos legais e respectando a presunción de inocencia.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.