O bus interactivo Creactivity despídese hoxe da comarca

30 Agosto 2019

20190830 O bus de Creactivity, o proxecto itinerante de La Caixa para promover o talento científico e tecnolóxico que as nosas nenas e nenos carrexan de maneira innata, estivo estes días en Ribeira, ofrecendo oportunidades prácticas (todo tipo de actividades lúdico-científicas) para orientar os intereses da rapazada cara ao universo STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Tecnoloxías). O vehículo, que aínda ten este venres as súas portas abertas (até as 20.30 horas) na explanada portuaria ribeirense, foi visitado estes días por centos de nenas e nenos, individualmente e coas súas familias. O autobús ofreceulles aos rapaces (de idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos) un espazo de experimentación de primeira orde, a xeito de casa das ciencias móbil.

Segundo informaron as responsábeis-monitoras do vehículo, Creactivity é un espazo deseñado para “espertar o enxeño, a destreza e a creatividade de nenas e nenos, achegándolles obradoiros con materiais cotiáns e ferramentas de baixa e alta tecnoloxía, co fin de axudalos a dar vida á súas propias ideas”.

O bus de Creactivity, unha unidade móbil accesíbel, está equipado con bancos, mesas de traballo e diversos recantos para todo tipo de probas de investigación ao servizo dos cativos visitantes. Así, hai unha zona de mecánica (con engrenaxes, mecanismos varios, bolas e máquinas de pinball), unha zona de vento, unha zona de electricidade e unha zona de luz, que serve para achegar á rapazada ao sistema stop motion de creación audiovisual.

A parada destes días en Ribeira é a derradeira recalada do bus na comarca de Barbanza, despois de que percorrese Rianxo, Boiro e A Pobra do Caramiñal. Previamente o percorrido pasou por Cedeira, Bueu, Mondoñedo, Carballo, Cangas ou Vilagarcía, entre outras vilas e cidades.

Baseado na metodoloxía de traballo e formación do deseño intelixente (Design Thinking), o espazo Creactivity busca que os participantes realicen creacións e construcións científicas ou tecnolóxicas, xa sexa de forma individual ou colectiva, que respondan os retos suxeridos ou aos seus propios desafíos a través da manipulación, observación e exploración de materiais e fenómenos. O Creactivity inspírase no movemento Tinkering liderado polo Exploratorium de San Francisco.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.