O argazo cubre os areais máis expostos ás correntes

12 Agosto 2019
O areal de Prado en Corrubedo, coa beira cuberta de algas pardas

20190812 Estes días unha parte importante das praias da nosa contorna, sobre todo as máis expostas ás correntes e aos ventos do sur, quedaron cubertas cunha capa de argazo que nalgúns casos, como a praia de Prado en Corrubedo, cobren a totalidade da area máis próxima á beira e tinguen de escuro o mar (ao desfacerse contra as rochas e polo propio movemento das ondas). Este manto de algas pardas están composto na súa maioría pola especie de laminarias, que son as que rompen cando hai temporal do suroeste (como o que afectou á nosa costa o mércores e o xoves pasado) e acaban como argazo nas praias, sen que isto afecte á súa supervivencia e reprodución (seguen a medrar a partir do anaco que ficou na rocha). O tipo de laminarias que se atopa estes días nos areais é un alga comestíbel que tamén se coñece como canouco, faixa ou cachopo.

O manto de algas, malia as incomodidades para os bañistas, ten un gran valor ambiental e nutricional: contribúe a protexer a estrutura da praia e dá alimento a unha enorme cantidade de invertebrados e, tamén, a especies de aves protexidas como a píllara das dunas.

Nas praias de Corrubedo e noutras moitas outras da nosa comarca era moi habitual, até non hai moito tempo, que se recollese o argazo para utilizalo como fertilizante natural nas leiras de cultivo, previo lavado (posto que o sal das algas podía facer máis mal que ben). Hoxe en día, en parte polo descenso no número de explotacións, en parte polo afianzamento da conciencia medioambiental respecto do mar, xa non é frecuente que se recollan algas das praias: a comunidade científica e as administracións das que dependen os areais son partidarias de deixar que sexa a propia natureza, os máis de medio cento de invertebrados e aves que se nutren e benefician dos vexetais mariños, sexa ela mesma a encargada de facer desaparecer o manto de argazo das praias.

A praia dos Mosqueiros en Castiñeiras, tamén cuberta de argazo/ Imaxe de Fran Domínguez

Malia todo, por esta época do ano proliferan as voces contra esta práctica, principalmente polas incomodidades para acceder ao mar e polos malos cheiros que afloran da materia en descomposición. Porén, os expertos advírtenlles que retirar as altas provoca areais estériles e desprotexidos, e que as praias non son parques de lecer nin bens de consumo para o noso único desfrute, e que cómpre protexelos e, en definitiva, aceptar o ciclo da natureza como é.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...