Música e gastronomía na fin de semana rianxeira

08 Agosto 2019

20190808. A Banda de Música Isabel II de Touro actuará este venres 9, ás 21.00 horas, no Auditorio de Rianxo dentro do XV Ciclo de Bandas, evento enmarcado na programación do Verán Cultural e organizado pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello e da Deputación da Coruña.

A entrada será de balde ata completar capacidade. Cada persoa poderá facerse cun máximo de dous tíckets que estarán dispoñibles unha hora antes do comezo do concerto na billeteira do Auditorio.

Ademais, a Asociación de Solleiros do Ulla organiza para o sábado 10 a V Festa da Solla do Ulla na praza da Veliña de Leiro. A cita arrancará, ás 14.00 horas, co pregón seguido do xantar, ás 14.30 horas, onde se poderá degustar este peixe tanto cocido coma frito. O prezo de cada ración será de 8 euros, ao igual que a de churrasco. O ambiente estará amenizado por un DJ e un dúo. Cómpre sinalar que é preciso reservar no teléfono 679960079.

Na celebración deste evento gastronómico colabora o Concello de Rianxo, a Comisión de Festas do Carme de Leiro e o Furancho A Veliña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.