Isorna está en festas do 15 ao 18 de agosto

14 Agosto 2019

20190814. A parroquia rianxeira de Isorna celebrará os seus festexos do 15 ao 18 de agosto. Así, mañá, xoves 15, terá lugar a festa na honra da Nosa Señora coa Misa ás 11.15 horas e as primeiras comuñóns. A xornada do venres 16 será a festa na honra de San Roque coa gran tirada de bombas pola mañá, pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Airiños do Río Vello e Misa solemne ás 12.00 horas.

O sábado 17 homenaxearase á Virxe do Carme, procedendo á gran tirada de bombas anunciando as festas. Ademais, haberá pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Río de Anxo, Misa na honra da Virxe do Carme ás 12.00 horas, concerto da banda Escola de Música de Rianxo ás 17.00 horas e gran verbena acompañada por La Ola ADN e Iris.

O domingo 18 festexarase na honra da Nosa Señora das Dores, tendo lugar a gran tirada de fogos e pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Río de Anxo para, ás 13.30, oficiar a Misa seguida da procesión. Xa pola tarde, ás 17.00 horas, os máis pequenos da casa desfrutarán de inchables e maquillaxe, así como da festa da escuma.

Outros artigos

Este venres comeza a edición 2026 das Festas da Guadalupe

Chegou o día para o inicio das Festas da Guadalupe de Rianxo, edición 2026, organizadas un ano máis pola Asociación A Moreniña en colaboración co Concello. A troula comeza este venres 11 de setembro cunha Noite Retro e estenderase até o 18, tamén venres, conformando...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.