Cultura premiará as bibliotecas municipais máis innovadoras

08 Agosto 2019

20190808 A Xunta (Consellería de Cultura) vén de convocar a segunda edición do Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia, unha distinción que ten a finalidade de impulsar e mostrar as iniciativas que espallen e fagan medrar a cultura e o coñecemento facendo uso de novas ferramentas, tecnoloxías e metodoloxías creativas. En última instancia, o galardón porá de relevo exemplos referenciais en poñer as bibliotecas e as axencias de lectura municipais o máis preto posíbel da cidadanía, contribuíndo a dinamizar a vida local de cada concello.

Os proxectos que se presenten á convocatoria deberán cumprir os seguintes requirimentos: seren sustentábeis no tempo, innovadores e estar xa executados. Ademais, terán que estar relacionados coas seguintes áreas: aprendizaxe ao longo da vida, biblioteca dixital e redes sociais, cohesión e inclusión social, sustentabilidade ambiental e igualdade e loita contra a violencia de xénero

O premio está dotado con 3.000 euros e un distintivo de biblioteca innovadora que se poderá colocar nun lugar visíbel das instalacións así como nos seus recursos dixitais.

Segundo informa a Consellería de Cultura, impulsora do certame, poderán optar a este recoñecemento as entidades locais que sexan titulares de bibliotecas ou axencias de lectura pública integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia, así como as agrupacións de concellos para a prestación de servizos bibliotecarios común.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.