Continúa a axenda cultural en Boiro cun faladoiro e contacontos na praia

26 Agosto 2019

20190826. O concello de Boiro acollerá ao longo desta semana un faladoiro e un 0contacontos na praia. A primeira destas actividades terá lugar o mércores 28, ás 11.00 horas, na Biblioteca Municipal situada na Casa da Cultura. Dirixida a mocidade de 11 a 16 anos, realizaranse microdebates de temas actuais que os propios asistentes poderán suxerir. Desta maneira, os asuntos a abordar variarán en función dos intereses do público asistente. Para acudir a esta cita é necesaria a inscrición previa, a cal se pode formalizar na propia biblioteca.

Por outra banda, a segunda proposta celebrarase o venres 30, ás 20.00 horas, na praia de Barraña, concretamente á altura da Avenida Avellaneda. Así, a biblioteca sae á rúa coa pretensión de ofrecerlle aos cativos a partir de 4 anos unha nova forma de achegarse á lectura. A entrada é de balde e non é necesaria inscrición previa.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.