Boiro ofrece experimentos científicos, contacontos e un faladoiro para o que resta de verán

21 Agosto 2019

20190821. O Concello de Boiro acolleu esta mañá a presentación da axenda cultural de actividades dirixidas á rapazada para o que queda de verán, as cales terán lugar na Biblioteca Municipal. Entre as previsións para o que resta de estío hai un contacontos,  un taller de experimentos científicos e tamén un faladoiro.

A primeira destas citas celebrarase o sábado 24, ás 11.30 horas, consistente nun taller de experimentos científicos dirixido a cativos de 5 a 8 anos, espertando así o seu enxeño. As prazas son limitadas, polo que se precisa inscrición previa.

Outra das actividades que se vai levar a cabo é un faladoiro programado para o xoves 28, ás 11.00 horas. Trátase dun obradoiro de debate co que se pretende atallar as inquedanzas dos máis mozos, cunha idade comprendida entre os 11 e 16 anos. Isabel Tembra, animadora sociocultural do Concello, recoñeceu que “é algo que nos parece moi interesante e nos están pedindo. Os temas que se tratarán serán en función do que demanden os propios asistentes.”

Entre os eventos previstos pola Biblioteca Municipal figura tamén un contacontos na praia, o cal se levará a cabo o venres 30, ás 20:00 horas, dirixido a un público a partir dos 4 anos. A concelleira de Cultura, María Outeiral, manifestou que “é importante a aposta que se está a facer por estas actividades que se saen un pouco do común”, polo que agarda “que estas actividades teñan unha boa acollida e se repitan noutras ocasións.”

Pola súa parte, o alcalde boirense, José Ramón Romero, expresou que son “unha boa proposta para que os máis pequenos desfruten antes de que comecen as clases”, engadindo que “desde o Concello estamos sempre abertos para levar a cabo estas propostas pensadas para os nosos nenos e nenas.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.