Boiro festexará San Ramón de Bealo a partir deste venres

26 Agosto 2019
Cedida por Boiro Turismo

20190826. A parroquia boirense de Bealo celebrará San Ramón a partir desta fin de semana. O venres 30, xornada dedicada a San Gregorio, contará coas actuacións de Master e Unión y Fuerza. Moitos dos asistentes aproveitarán para acampar no Campo dos Outeiriños despois dunha longa xeira de troula. O propio día de San Ramón, 31 de agosto, terá lugar a Romaría, declarada Festa de interese turístico de Galicia, para renderlle culto ao patrón das parturientes. Este é un dos festexos máis antigos do territorio galego, pois data do século XVIII, e cada ano congrega a miles de persoas. Deste xeito, celebrarase a Misa cantada e procesión. Ademais, actuarán a charanga Mil9, gaiteiros da Aroña, dúo Mar D’Arousa, Emperadores e Puzzle.

Xa en setembro toca seguir. Desta maneira, o domingo 1 oficiarase a Misa cantada na honra de San Roque coa procesión e actuarán D’Moda e Tribal; mentres que o luns 2 terá lugar a Misa cantada e procesión en homenaxe da Virxe das Dores, así como a música de Ritmo Joven e Xacobeo. A Misa cantada e procesión do martes 3 serán para conmemorar á Virxe Milagrosa e a verbena correrá a cargo da París de Noia e Marbella. Finalmente, o domingo 8, estará dedicado a San Ramonciño Pequeno e haberá polbo e viño a prezos populares cun grupo de gaitas animando o ambiente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...