Axóuxere e a escritora Marina García seguiron os pasos de Castelao no Río da Prata

26 Agosto 2019
O seminario celebrado na Biblioteca de Rianxo

20190826 Esta fin de semana diferentes escenarios de Rianxo foron faladoiros sobre literatura e artes gráficas, e sobre a influencia da vila no estranxeiro, alén do Atlántico, como fornecedora de grandes exemplos de dinamización cultural. Da man da Axóuxere Editora e do Concello, a Biblioteca Municipal e a residencia de escritores de Axóuxere en Brión acolleron o seminario de pensamento de Rianxo para o mundo (análise da obra gráfica de Castealo e Eduardo Dieste en Arxentina), impartido pola escritora Marina García López, no que participaron investigador@s, escritor@s e estudantes, da propia vila natal de Catelao e doutros recantos da nosa terra.

O obradoiro, que se celebrou (como todo o programa de obradoiros estivais de Axóuxere) conxuntamente co Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña, complementouse coa conferencia Modernidade na pegada gráfica de Castelao e Eduardo Dieste, o venres 23 de agosto ás 20 horas na Casa Museo de Rafael Dieste. Esta conferencia de Marina García significou, en boa medida, a estrea da devandita casa museo como centro de cultura (rianxeira, galega, universal) logo das remodelacións e rehabilitacións recentes levadas a cabo polo Concello e a Deputación, dirixidas a poñer a vivenda do autor de Dos arquivos do trasno a disposición da cidadanía.

A conferencia celebrada na Casa-Museo de Dieste /Imaxe da Biblioteca Municipal

A autora galega Marina García López foi elixida este ano para participar na residencia de escritor@s de Axóuxere polo interese dun proxecto de seu que estuda a influencia do traballo artístico de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e Eduardo Dieste no rumbo das artes gráficas riopratenses cara á modernidade. “Especialmente interesante tamén a revalorización da pouco coñecida figura de Eduardo Dieste”, destacou o comité encargado de seleccionar as autores e autores beneficiados das estadías en Brión, na casa da editorial.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.