As peñas de Boiro festexarán por todo o alto o segundo ano de vida da romaría

14 Agosto 2019

20190814. A segunda edición da Romaría das Peñas celebrarase no boirense recinto da Cachada o sábado 24, agardando acadar a cifra do pasado ano de 2.500 asistentes e de 35 peñas participantes. Así o anunciaron esta mesma mañá Quin Riveiro, Goxi, David Laíño, Vanesa Deán e Noe Castaño, membros da Asociación de Peñas.

Concibida para despedir o verán, este festexo está pensado e programado coma romaría, polo que se desenvolverá ao longo de todo o día, con dúas partes diferenciadas e xantar. A primeira delas, sesión vermú, estará a cargo dun grupo tradicional e a actuación da orquestra Neverloura, coñecida polas súas versións e que asumirá a tarefa de facer bailar aos presentes.

A continuación, chegará a hora de comer. Por esta razón, os asistentes disporán de diversos postos onde adquirir polbo, churrasco ou empanada, entre outros.

Xa pola tarde, haberá xogos para maiores e cativos, buscando a participación e diversión “máis que fomentar a competición.” Deste xeito, anunciaron que aos xogos tradicionais das peñas se sumarán outros novos, así como a festa da escuma, toro mecánico e pista esvaradía. A partir das 19.00 horas, darán comezo as sesións de DJ’s, tanto locais coma foráneos, buscando a diversidade musical para satisfacer a tódolos peñeiros e peñeiras. En total ao redor de 15 horas de diversión ininterrompida ata as 03.00 horas do día seguinte.

Nesta ocasión, a entidade decidiu colaborar con Cáritas, polo que se colocarán huchas para recadar diñeiro co obxectivo de mercar o material escolar necesario para o vindeiro curso a nenos e nenas de familias con dificultades económicas. De feito, por parte das peñas contribuirase porque tamén queren transmitir “a idea de colaborar, da solidariedade, da contribución á nosa comunidade.”

A entrada é de balde e atópanse xa á venda as pulseiras que dan acceso ás actividades a un prezo de 2 euros. Desde a asociación fixeron fincapé na prohibición de entrar con vidro, polo que venderán vasos reutilizables; así como en que cada un recolla o seu lixo e en beber con moderación. Respecto a isto último, destacaron que “se eres menor sabes que está totalmente prohibido que consumas alcol e que infrinxir esa norma pode supoñer un grave problema para os teus pais”, e incluiranse os mesmos controis que no Día das Peñas.

Ademais, indicaron que esta festa é posible grazas ao que recadan, polo que o botellón non lles axuda, pero “se o fas, polo menos faino con respecto ó medio e ós demais.” Tampouco se esqueceron de lembrar a importancia do respecto ao resto de persoas, así como protexer e coidar ás compañeiras e compañeiros.

Por todo isto, agardan repetir o éxito da pasada edición, na cal houbo moita xente e sen incidentes.

Por último, expresaron o seu agradecemento a tódalas peñeiras e peñeiros, aos comercios, aos negocios da hostalería, ao Concello, a Protección Civil, a Policía Local, a Garda Civil, ao Servizo de Limpeza do Concello de Boiro e aos demais compañeiros da Asociación de Peñas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.