Activada a alerta laranxa por temporal costeiro

09 Agosto 2019
O peirao de Corrubedo batido polas ondas nunha imaxe de 2014 de Abdón Dorca

20190809 Aviso á xente do mar, a navegantes deportivos, a bañistas, a surfeiros e a demais colectivos que estean estes días na costa: malia que estamos en agosto, hai galernas coma se de outono se tratase. Por esta razón, e ante a previsión de que o estado de mar empeore estes días (por mor do vento do suroeste que tamén se deixou notar, moito, onte antonte), a Dirección Xeral de Emerxencias (Vicepresidencia da Xunta) activou a alerta laranxa por temporal costeiro na Coruña e Lugo. O aviso vén dan dado polos temporais que afectarán ao noroeste e oeste da Coruña e a Lugo. Agárdanse ventos do oeste ou suroeste con forza 7 con mar combinada do oeste e ondas de 5 a 6 metros.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. “Deste xeito, agardamos que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas”, explica a Dirección Xeral, salientando e subliñando a recomendación de evitar aproximarnos “a diques ou rompentes, co fin de previr un eventual golpe de mar”, e ficar “lonxe da costa, praias, rompentes, paseos marítimos, espigóns, peiraos ou todas aquelas zonas que podan ser varridas polo mar”.

Tamén se aconsella a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas. Ademais, aconséllase consultar a web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.