A Xunta financia axudas a programas de promoción da igualdade e loita contra a violencia de xénero

29 Agosto 2019

20190829. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria das axudas destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0’7% do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) para o ano 2019. A convocatoria deste ano conta cun orzamento de 457.068 euros.

As axudas están destinadas a entidades do terceiro sector de acción social sen ánimo de lucro e á Cruz Vermella para levar a cabo programas dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero. O importe máximo da axuda concedida a cada entidade beneficiaria será de 85.000 euros. Para optar a estas axudas, as organizacións deberán estar legalmente constituídas con dous anos de antelación e inscritas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) da Xunta, carecer de ánimo de lucro e ter o seu domicilio social ou delegación na comunidade galega, entre outros requisitos. As entidades teñen un mes de prazo para presentar as súas solicitudes e os programas desenvolveranse en 2020.

As subvencións abarcan actuacións que fomenten a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres, para lograr a eliminación de estereotipos de xénero que conducen a que as mulleres padezan unha situación de desvantaxe no eido laboral, social, persoal, económico, político e cultural. Así mesmo, subvencionaranse programas que teñan por obxecto a prevención de todas as formas de violencia contra as mulleres, segundo o recollido na Lei 11/2007 galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

No marco desta liña, subvencionaranse actuacións de acollemento, atención e asesoramento para mulleres en situación de vulnerabilidade; programas de formación destinados a mulleres en situación de vulnerabilidade e do medio rural que impulsen o emprendemento e o autoemprego co obxectivo de mellorar a súa inserción laboral; ou programas de conciliación para mulleres en situación de vulnerabilidade con actividades de coidado e atención a menores de 12 anos, persoas con discapacidade e/ou dependentes e persoas maiores. Tamén se financiarán actividades formativas para o empoderamento e participación activa das mulleres, en especial das que sofren situacións de vulnerabilidade ou as que residen no medio rural; así como actuacións para o tratamento da saúde integral e/ou sobre a sexualidade das mulleres.

Por outra banda, serán subvencionables, as accións de prevención e loita contra a violencia de xénero e apoio ás vítimas coma é o caso dos programas de acollida e aloxamento que coadxuven na protección e seguridade das vítimas da violencia de xénero e dos seus fillos e fillas, xunto con actuacións de apoio e tratamento dirixidas a mulleres vítimas da violencia e especialmente vulnerables coma mozas e adolescentes, mulleres con discapacidade, maiores, que residen no medio rural, inmigrantes ou pertencentes a minorías étnicas.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.