A Xunta aporta preto de 22.000 euros para Protección Civil da área do Barbanza

07 Agosto 2019

20190807. As agrupacións de persoal voluntario de protección civil dos concellos da área do Barbanza recibirán da Vicepresidencia da Xunta de Galicia un total de 21.778 euros a través da orde de colaboración económica con estas entidades, destinada a posibilitar o seu funcionamento a través do financiamento de gastos de natureza corrente. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das axudas.

As entidades, que están inscritas no Rexistro de Agrupacións de Persoal Voluntario de Protección Civil de Galicia, percibirán entre 2.400 e 1.700 euros e son as dos concellos de Boiro, Carnota, Lousame, Mazaricos, Muros, Noia, Outes, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo e Ribeira.

As subvencións están destinadas a comprar os uniformes dos voluntarios, os medios de intervención, material informático e de comunicacións, así como os equipamentos de prevención e de protección persoal e colectivo, sempre que se trate de material funxible. Esta liña de axudas tamén permite facer fronte aos gastos ocasionados durante as actuacións levadas a cabo polas agrupacións en materia de protección civil, así como aqueles investimentos para a conservación, mantemento ou alugamento da súa base. Por último, a través desta orde as agrupación tamén poden pagar os seguros do persoal voluntario de protección civil e os gastos ocasionados pola formación dos seus compoñentes.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...