A Pobra convida á cidadanía a usar o punto limpo e a recollida de refugallos no fogar

02 Agosto 2019

20190802 O Concello da Pobra quere pór freo ao problema dos vertidos incontrolados de lixo, ou sexa, o depósito de refugallos en emprazamentos (montes, praias, camiños, leiras particulares) que non son os axeitados e que, alén do impacto visual negativo, teñen consecuencias moi prexudiciais para o medio ambiente (boa parte do que desbotamos dos nosos fogares, non só aparellos eléctricos e electrónicos, ten elementos contaminantes). Por esta razón lembra á cidadanía a existencia dun servizo de balde municipal para a recollida de utensilios.

Trátase dunha medida con dúas vertentes: a primeira o punto limpo ao que se poden levar os materiais desbotados (localizado no Polígono da Tomada e con horario de 10.00 a 13 horas de luns sábado) e, a segunda, o servizo de recollida no propio fogar da persoa interesada (que pode chamar ao 981 87 18 08 para activalo).

Respecto das cousas que poden levarse ao punto limpo ou reclamar que sexan recollidas, son principalmente as seguintes: móbeis, electrodomésticos de todo tipo de trastes vellos en xeral (berces, tendais, colchóns, somieres, sofás, cadeiras, etc).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.