A Guadalupe arrancará cun revival oitenteiro

30 Agosto 2019

20190830 Din os organizadores das Festas da Guadalupe (as e os integrantes da Asociación Sociocultural A Moreniña) que as históricas e sobranceiras festas rianxeiras de setembro son algo máis que unha festa con verbena e concertos en xeral. Ollando por enriba o programa deste ano calquera pode decatarse diso. Vese claramente dende o primeiro día de actividades, o día 13, que está destinado a converter Rianxo nunha máquina do tempo que nos leve directamente á década dos oitenta, cando aínda a xente andaba con casetes, había só dúas canles de TV e non existía a Rede nin nada semellante.

A máquina do tempo chámase Festa dos 80 e servirá para abrir as celebracións con saudade musical. Será o venres 13 de setembro a partir das 23.00 horas, da man de Mínimo Eventos. O cartel do revival oitenteiro fala ben ás claras de cales son as intencións: usando a estética da serie Stranger Things, que ninguén se estrañe se a noite vai sobrada de nostalxia no mellor sentido do termo: o máis creativo. Actuarán @s vigues@s Broken Peach e o VídeoDJ.

A banda Broken Peach, para que non o saiba, é un grupo de catro mozas e tres mozos que centran boa parte dos seus esforzos en revisitar con enerxía e contundencia sonora algúns dos temas que máis soaron por estas terras nas pasadas décadas e mesturalos aínda que os ingredientes parezan difíciles de mesturar. Temas como Personal Jesus de Depeche Mode, Proud Mary de Creedance Crearwater Revival ou Dont stop me now de Queen pasan pola peneira de Broken Peach e case haberá quen diga que foron estas cantoras de Vigo quen as compuxeron.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.