A festividade do Carme e o día de San Ramón serán festivos locais en Boiro o próximo ano

09 Agosto 2019

20190809. Onte celebrouse en Boiro un pleno ordinario no que se levaban tan só tres asuntos na orde do día. De feito, tivo unha duración de apenas 15 minutos. Razón pola cal non estivo presente o edil de IC Boiro, Manuel Velo, quen chegou para a sesión cando os seus compañeiros xa saían.

O primeiro dos puntos quedou sen resolver e pendente para a seguinte sesión, xa que os distintos grupos da corporación municipal non recibiran a acta. O segundo, o cal trataba sobre a determinación dos festivos locais para o 2020, quedou aprobado por unanimidade. Así, os elixidos foron a festividade do Carme, o 16 de xullo, e o día de San Ramón, o 31 de agosto.

O terceiro asunto a abordar foi a moción presentada por Boiro Novo relativa ao aumento das políticas de diversidade e inclusión nas festas de verán. O grupo municipal requiriu que os espazos físicos das actividades sexan accesibles; que se habiliten atraccións para tódolos públicos; que haxa contido con diversidade cultural; que se dispoña de horarios das xornadas musicais para todas e todos; que existan espazos ou xornadas horarias libres de ruído; a necesidade da salubridade das festas; que se estableza comunicación accesible dos eventos; e que a diversión estea “ligada a novos valores.” Deste xeito, a concelleira de Cultura, María Outeiral, expuxo que “dende o goberno local imos traballar por levar adiante esta proposta, non so nas festas do verán, senón nos demais festexos que se celebren no municipio.” Finalmente, a proposta foi aprobada con nove votos e sete abstencións correspondentes ao PP.

Na quenda de rogos e preguntas, a voceira do BNG, Raquel Suárez, pediu o uso do galego nos comunicados oficiais do Concello, mentres que a voceira de Boiro Novo, Dores Torrado, inquiriu sobre o desafiuzamento feito semanas atrás a unha familia boirense, así como sobre o estado dunhas obras de traída da auga en Bealo. Pola súa parte, o primeiro tenente de alcalde, José Luis Ruiz, contestou que se reuniu cos afectados, sendo a intención do Concello solucionar esta problemática neste ano, pero que non será posible ata o próximo debido á necesidade dunha inversión de 200.000 euros. Boiro Novo tamén fixo un rogo para aumentar a vixilancia nas inmediacións do CEIP de Escarabote coa finalidade de evitar o “trapicheo” que denuncia a veciñanza do lugar que se esta a producir con frecuencia.

Outros artigos

Retirada dunha árbore no lugar de Fornos, no concello de Boiro

Os bombeiros do parque Provincial de Boiro atenderon sobre as 9:00 horas da mañá de hoxe unha chamada na que se informaba dunha árbore caída no lugar de Fornos, en Abanqueiro, no concello de Boiro. Despois de realizar unha valoración inicial no lugar, comprobouse que...

+

A ABE entrega os premios da Campaña de Nadal

A sede da patronal de Boiro acolleu a entrega de premios da Campaña do Nadal da ABE na que clientes, comerciantes e amigos ateigaron o salón de actos na asociación. O acto abriuno o presidente da ABE, Daniel García que destacou que “nos 30 días que durou a campaña...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A toda vela, outra volta!: non queda outra! ” – Antón Luaces

“A toda vela, outra volta!: non queda outra! ” – Antón Luaces

A fame obriga. Ou, o que ven ser o mesmo, a necesidade de reducir custes fai que experiencias acumuladas durante séculos, obriguen aos armadores de todo tipo de buques a repensar antes de investir na construción de novos buques: retornan as velas e, desta vez, non só...